O BNG puntualiza a versión da AGAI

O BNG puntualiza as informacións da AGAI sobre a declaración contra o Holocausto e asegura que nin PP nin PSOE propuxeron texto alternativo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/01/2008 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía, dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias

Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

2 aivai

Eu non estou de acordo cos de AGAI, pero que doado é dicir que están pagados por alguén igualiño que decían os franquistas dos opositores. Laretas, tes o encefalograma chá.

1 laretas

Os de AGAI, que están asalariados pola embaixada de Israel ou polo menos iso parece, está claro que so están a intentar intoxicar contra o BNG.
Eu concordo plenamente coa posición do BNG, paréceme que hai que seguir recordando e condenando o holocausto nazi, máis é unha hipocresía ao mesmo tempo que se fai iso mirar para outro lado cando agora mesmo se está a cometer un xenocidio co pobo de Palestina. Está ben manter vivo o recordo e aprender do pasado pero iso non debe ser unha coartada para non actuar sobre o presente, que é o que realmente podemos mudar.
A postura do BNG é coherente e compromotida, co pasado e sobretodo co presente e co futuro.