Sanidade manterá a autocita de vacinación da cuarta dose contra a covid-19 para menores de 60 anos

O conselleiro reivindica que Galicia é a comunidade que "maior porcentaxe de vacinación ten nesta dose de reforzo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2022 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o Servizo Galego de Saúde manterá a autocita de vacinación da cuarta dose para os menores de 60 anos.

Varios nenos acoden a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela
Varios nenos acoden a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

En declaracións aos medios no Hotel Monumento San Francisco de Santiago antes de inaugurar unha xornada sobre o dano cerebral organizada por Fegadace, Comesaña sinalou que Galicia xa tiña a autocita implantada, xa que ata agora os menores de 60 que convivisen con inmunodeprimidos xa podían solicitar a vacinación da cuarta dose.

"Imos seguir nesa liña de proporcionar a autocita para aqueles que queiran facelo", reafirmou o titular de Sanidade este sábado.

Así, animou á poboación galega a que o faga e reivindicou que Galicia é a comunidade autónoma que "maior porcentaxe de vacinación ten nesta dose de reforzo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta