A calidade do sector turístico en Galicia plásmase nunha oferta "sustentable"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este martes nunha xornada sobre as boas prácticas na xestión turística, onde puxo en valor a calidade do sector turístico galego.

Segundo destacou a Xunta, durante a súa intervención, Nava Castro puxo en valor o traballo realizado desde o sector turístico galego para que "a competitividade e a excelencia formen parte do turismo de éxito de Galicia, grazas a unha oferta sustentable e de calidade".

Neste senso, a directora de Turismo destacou o Plan territorial de sustentabilidade turística de enogastronomía de Galicia, aprobado recentemente na Conferencia Sectorial de Turismo cun investimento de máis de 34,5 millóns de euros, mediante o cal se poñen en valor os territorios vitivinícolas e se mellora a comercialización e a promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega.

Vendimiadores en viñedos da Ribeira Sacra luguesa
Vendimiadores en viñedos da Ribeira Sacra luguesa | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta