O PPdeG critica que se elimine a axuda de 20 céntimos para a frota e que se substitúa "por un pago único moi limitado"

Sinala que "non responde as expectativas do sector"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O deputado do PPdeG e presidente da Comisión de Pesca do Parlamento galego, José Manuel Balseiro, critica que o Goberno que preside Pedro Sánchez decidise "eliminar o desconto directo no chafariz para o combustible pesqueiro" e substitúao "por un pago único moi limitado e con novas cargas burocráticas".

Lamenta que eliminar a axuda directa de 20 céntimos por litro, que se aplicaba de maneira automática no momento de encher o combustible, e substituíla por unha liña de axudas de pago único "non responde as expectativas do sector e, o que é máis grave, está moi limitada ao ter a consideración de axudas de Estado".

"Co novo modelo poderán recibirse axudas de entre 1.000 e 300.000 euros por barco, en función do consumo estimado de gasoil, das características da embarcación e do caladoiro no que opere, pero empresas con varias embarcacións poden superar o límite e quedar excluídas destes apoios, a pesar de ter que facer fronte ao pago total do gasoil sen ningún desconto".

"Ademais, estas axudas de Estado inclúe outras limitacións que agora non existían, como estar corrente ao pago da Seguridade Social e de Facenda, nun contexto de crise no que poden atrasarse estes deberes tributarios e requiren tamén certo papelorio, situación que contrasta co anterior desconto automático", reproba.

Barco pesqueiro
Barco pesqueiro | Fonte: Cepesca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta