Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/01/2023 | Actualizada ás 18:55
A Deputación da Coruña organiza unha marcha o 12 de febreiro para inaugurar a nova senda ciclista que percorre a contorna do encoro de Cecebre e que conecta con Carral.
Trátase, segundo informa, dun itinerario de 32 quilómetros, nun dos espazos naturais de referencia da provincia, polos concellos de Abegondo, Betanzos, Bergondo, Cambre e Carral.
A saída será ás 09,30 horas desde o pavillón de Guísamo, en Bergondo, e a chegada está prevista para as 15,30 horas, no campo dá feira de Carral.
Serán en total 18 kilómetors de marcha a pé ou en bicicleta no que, ademais, haberá un punto de avituallamento intermedio en Abegondo, na Cidade Deportiva. A inscrición estará aberta ata o 3 de febreiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.