Declarado "ambientalmente viable" outro parque eólico, esta vez en Aranga e Coirós

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2023 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostebilidade e Cambio Climático considera "ambientalmente viable" o proxecto relativo ao parque eólico Feás, que promove Galenergy en Aranga e Coirós.

Así o recolle a declaración de impacto ambiental que publica este xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG), que fai tan só oito días deu conta doutra declaración de impacto ambiental, neste caso desfavorable, relativa ao proxecto de Fontella, en Aranga e Oza-Cesuras (A Coruña), tamén de Galenergy.

Para o de Feás, están proxectados oito aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 5 MW (un total de 40 MW) e un orzamento duns 40,53 millóns. O prazo estimado de execución do proxecto é duns 12 meses. Segundo recolle o documento, o promotor propuxo a modificación da localización da torre meteorolóxica co fin de evitar a afección a un hábitat de interese natural.

Parque eólico de Vestas
Parque eólico de Vestas | Fonte: VESTAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta