Detido un conductor logo de protagonizar unha persecución polas rúas de Ourense

O individuo deu positivo en drogas e alcol, nesta última, dúas veces máis da taxa permitida

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2023 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Un condutor de 39 anos foi detido despois de protagonizar unha persecución nas rúas de Ourense, polas que circulou a gran velocidade escapando da Policía Local despois de ser visto realizando derrapes nas inmediacións da praza Bispo Cesáreo.

O home, veciño da cidade de Ourense e que circulaba baixo os efectos de alcol e drogas, foi avistado por unha patrulla da Policía Local ás 03,30 horas realizando manobras temerarias, polo que tentaron sen éxito interceptalo.

O condutor iniciou unha fuga pola rúa Progreso para virar a continuación en dirección contraria pola rúa Parada Justel. Por mor desta conduta, a Policía Local activou un dispositivo con varias dotacións implicadas para tratar de interceptar ao invididuo.

A persecución continuou polo barrio do Couto, onde o fuxido circulou a gran velocidade sen repetar en ningún momento a sinalización. Alcanzou a N-525 para, posteriormente, regresar ao Couto e ser interceptado por varias patrullas que lograron pecharlle o paso na rúa Jesús Soria.

Alí, sen escapatoria, o condutor resistiuse a abandonar o seu vehículo e a ser detido polos axentes, dous dos cales resultaron lesionados de forma leve. O individuo deu positivo en drogas e alcol, nesta última, dúas veces máis da taxa permitida

Comisaría da Policía Local de Ourense. POLICÍA LOCAL DE OURENSE
Comisaría da Policía Local de Ourense. POLICÍA LOCAL DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta