Controlado o primeiro lume do ano no parque natural do Xurés

Comezou en Portugal e estendeuse a Calvos de Randín

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 05/02/2023 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por controlado o incendio forestal que afectaba desde a tarde deste domingo ao municipio ourensán de Calvos de Randín, e que calcinou menos dunha hectárea do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

En concreto, o lume comezou pouco antes das 17,30 horas deste domingo en Portugal e estendeuse, entrando en Galicia, concretamente na parroquia de Randín, e afectando o parque Natural do Xurés. Para o seu control, por parte de Galicia mobilizáronse tres axentes, tres brigadas e dúas motobombas.

Un incendio da Serra do Xurés en 2022
Un incendio da Serra do Xurés en 2022 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta