Os encoros galegos están moi por encima da cifra do ano pasado a estas alturas, co 85% de capacidade

A media estatal está no 51%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse ao 85,3% da súa capacidade, mentres que a media estatal está ao 51%, igual que a pasada semana, segundo os datos publicados este martes no boletín hidrolóxico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco).

As concas de Galicia teñen embalsados nestes momentos un total de 3.075 hectómetros cúbicos de auga -- 94 menos que hai unha semana --, moi por encima da cifra do ano pasado a estas alturas --2.060-- e da media da última década --2.689--.

De maneira concreta, o Miño-Sil ten recolleitos 2.464 hectómetros cúbicos de auga embalsados actualmente. Esta cifra é superior á de hai un ano, cando contaba con 1.629 hectómetros cúbicos, e á de hai 10 anos, con 2.139.

Pola súa banda, a conca Galicia-Costa volve ser esta semana a máis chea de toda España en relación á súa capacidade, un 89,3%, e conta cun total de 611 hectómetros cúbicos de auga embalsada. O ano pasado tiña recollidos un total de 431, mentres que a media do últimos dez anos sitúase en 550.

DATOS ESTATAIS

A reserva hidráulica perdeu esta semana 185 hectómetros cúbicos, o que representa un 0,3 por cento da súa capacidade total, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que sinala que esta semana os encoros almacenan 28.590 hectómetros cúbicos e sitúanse ao 51 por cento da súa capacidade, polo que rompe a tendencia ascendente das últimas semanas.

Por ámbitos, a reserva atópase ao 84,9 por cento no Cantábrico Oriental; ao 77,8% no Cantábrico Occidental; ao 81,3% en Miño-Sil; ao 89,3% en Galicia Costa; ao 81% nas Concas internas do País Vasco; ao 81,2% en Tinto, Odiel e Pedras; ao 64% no Douro; en Júcar, ao 60,1% e no Ebro, ao 54,3%.

Por baixo da metade atópanse a Conca Mediterránea Andaluza, ao 37,6%; o Segura, ao 33,7%; Guadalete-Barbate, que está ao 30,3%; as Concas internas de Cataluña, ao 29,1%; e Guadalquivir, ao 25,4%.

A reserva hídrica segue por baixo da media do últimos dez anos, que se sitúa en 33.194 hm3, fronte aos 28.590 hm3 deste ano. Con todo, esta cifra supera en 3.548 hm3 a cifra de auga embalsada hai un ano, cando os encoros tiñan 25.042 hm3 nesta mesma semana do ano.

Caudal dos ríos da conca Miño-Sil. Carlos Castro - Europa Press
Caudal dos ríos da conca Miño-Sil. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta