Rueda anuncia primas de 5.300€ ao mes para sanitarios de PAC's a catro días da manifestación de SOS Sanide Pública

Anucia bolsas para sanitarios que queiran cubrir máis de tres gardas ao mes e máis de 400 prazas sen oposición en lugares de difícil cobertura. "Aos dous partidos da oposición lles interesa máis o desgaste da Xunta que a sanidade pública", di da manifesgtación do domingo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2023 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Este domingo está convocada manifestación por SOS Sanidade Pública que apoian numerosos colectivos sociais e todos os partidos políticos, agás o PPdeG. Unha protesta que se prevé masiva e que a Xunta tenta descalificar desde hai días apuntando a que é "claramente política". E, precisamente, a catro días desa manifestación o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou un plan de choque para tentar erradicar, ou cando menos, mitigar os problemas sistémicos da sanidade en Galicia, especialmente, na Atención Primaria e nos PAC's. 

Pacientes acumulados nos corredores de urxencias do CHUS
Pacientes acumulados nos corredores de urxencias do CHUS | Fonte: Cedida

Entre ese plan especial anunciado este xoves está o de convocar bolsas para sanitarios que queiran cubrir máis de tres gardas e máis de 400 prazas sen oposición de difícil cobertura.

BOLSAS

 

As bolsas serían para persoal titulado que queira facer gardas extraordinarias entre tres e sete veces ao mes naquelas áreas sanitarias onde haxa máis dun 20% de baixas estruturais e dificultades moi fortes para que os pacientes reciban unha correcta atención da sanidade pública, especialmente, nos PAC. 

 

Os sanitarios recibirían 230 eros brutos pola disponibilidade diaria. Deste xeito, poderían sumar 690 euros brutos se realizan tres gardas e e 1610 brutos se o fan sete días. Se a garda é durante 7 horas, os médicos percibirán (sempre en cantidades brutas) 250 euros; 611 no caso de que se traballen 17 horas; e 862 euros se a garda se prolonga durante 24 horas.

 

O 'plus' máis alto que, segundo o Sergas, poderá cobrar un sanitario que traballe o máximo de gardas posible será de 5.309 euros --sería equivalente a dúas gardas de 24 horas, dúas de 17 e tres de 7 horas--. Isto será a maiores do seu salario. "É unha necesidade excepcional que a Xunta pon para evitar situacións actuais", dixo Rueda que avanzou que terá unha duración de seis meses e, de ter éxito, ampliarase a outras áreas. De feito, Rueda apuntou principalmente aos problemas que existen na área sanitaria de Pontevedra, onde xa hai médicos residentes de cuarto ano de reforzo. 

 

PRAZAS

 

Por outra banda, o Sergas anunciará 413 novas prazas que serán cubertas por concurso de méritos e non por oposición. O persoal de enfermaría e médicos residentes que saian da carreira tamén poderían acceder a estes postos de difícil cobertura. Non haberá exame "Isto está permitido pola lei aprobada de xeito extraordinaria o pasado ano que cubrimos o cento delas que convocamos", dixo o presidente galego. De feito, das máis de 100 prazas resoltas o pasado ano, o 80% era de persoal que estaba noutras autonomías. "Son galegos que volven e outros que estaban na sanidade privada", indicou.

 

Destas 413, 71 serán para Atención Primaria, 52 para Pediatría, 109 para Medicina de Familia e 173 para Saúde Mental."Teñen que quedar nesta praza un mínimo de dous anos. Nós facemos isto pero o Goberno central tamén ten que poñer da súa parte", engadiu. Rueda avanzou estas medidas tras as analizadas na pasada xornada na mesa sectorial da área, tamén encamiñadas a ancorar a máis MIR na Atención Primaria galega, e a cubrir prazas difíciles. 

 

MANIFESTACIÓN

 

Este plan chega a catro días da protesta masiva convocoada por SOS Sanidade Pública. Unha manifestación que Rueda insistiu en que é "política". "No me cabe ningunha dúbida, aínda que respecto que se mobilicen todos os que queiran facelo o domingo, que tamén detrás da manifestación e dalgún dos seus convocantes hai unha clara intencionalidade política", apuntou.

 

"Hai intereses políticos e aos dous partidos da oposición lles interesa máis o desgaste da Xunta que a sanidade pública", criticou. Unhas críticas que fixo estensivas para o alcalde de Vigo, Abel Caballero, por animar á xente a participar nela. "Tan manso para reclamarlle cousas ao Goberno central e tan activo para estas cousas. Un exemplo máis que a manifestación do domingo hai moito movemento político", insistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Faith

Xa casi van a cobrar como os cargos políticos da Xunta, pero estos polo menos traballan