Carnota arde en pleno inverno, 124 hectáreas queimadas en dous días

Desta volta o lume iniciouse nun coche.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

O incendio declarado o pasado domingo en Carnota foi extinguido ás 10,00 horas deste martes despois de queimar máis de 124 hectáreas.

Diso informou a Consellería do Medio Rural a través dun comunicado no que apunta que as últimas medicións cifran en 124,24 as hectáreas calcinadas, das que 102,6 foron de monte raso e 21,64 de superficie arboredo.

O lume orixinouse ás 15,00 horas do domingo na parroquia de Lariño por culpa dun incendio declarado nun vehículo na estrada que se propagou a un terreo forestal. Desde o seu inicio, traballaron na zona dous técnicos, 13 axentes, 20 brigadas, 13 motobombas e medios aéreos.

Monte Pindo, en Carnota (A Coruña), tras un incendio. EUROPA PRESS - Arquivo
Monte Pindo, en Carnota (A Coruña), tras un incendio. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta