Os comuneiros inician unha campaña contra "o intento do PP de privatizar o monte comunal"

Aseguran que dotar ás comunidades de personalidade xurídica persegue que "poidan ser comercializadas"

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 02/03/2023 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

A Organización Galega de Comunidades de Montes (OGCM) xunto ás Mancomunidades de Montes Veciñais de Barbanza, Vilagarcía, Pontevedra, O Morrazo, Vigo e Val Miñor, acordaron iniciar unha campaña de información e sensibilización á cidadanía contra "o intento do PP de privatizar o monte comunal".

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves en Pontevedra, expresaron o seu rexeitamento á lei que elabora o Partido Popular de Galicia sobre o monte comunal que, ao seu xuízo, pretende "privatizar" o terreo comunal para "entregalo a intereses de empresas privadas, como as eólicas".

Aseguran que esta lei supón "usurpar" a histórica propiedade veciñal, ao permitir que unha persoa xurídica poida ser comuneiro e titular do terreo, rompendo a relación histórica da veciñanza co monte "para que a partir de agora póidase comprar, vender, herdar, comercializar".

Entenden que dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica esconde a "clara intención" de que deste xeito poidan ser comercializadas "e ser acaparadas por intereses económicos, especulativos ou urbanísticos alleos aos intereses dos comuneiros".

O presidente da OGCM, Xosé Alfredo Pereira, lamentou que o Partido Popular e o Goberno da Xunta non tivesen en conta as súas propostas para a nova lei de montes veciñais, nin sequera a través dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) avalada polas firmas de 12.010 persoas, apoiada polas comunidades de montes que integran esta organización e tamén por acordos maioritarios de numerosos concellos e das deputacións.

Xornada organizada pola Comunidade de Montes de Teis, en Vigo, contra o rebrote da acacia na Madroa
Xornada organizada pola Comunidade de Montes de Teis, en Vigo, contra o rebrote da acacia na Madroa | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta