A TODOS OS QUE NESTE FORO AÍNDA RECORDAN O SIGNIFICADO DA PALABRA VERGONZA:
Estaba escoitando a radio. Falaba un tal José Sánchez, de Nunca Máis, e dicía que agora non é igual que cando o Prestige porque o pobo non ten que saír a defender o seu. En cambio, así ocurrira durante a outra catástrofe...
Despois collín o periódico, La Voz de Galicia. Na portada vexo unha ringleira de 10 veciños pasándose os caldeiros de auga para apagar un lume. Nas páxinas seguintes, máis do mesmo. "Niños de ocho años imitando a sus padres, vecinos, turistas se unieron para combatir innumerables focos de fuego", lín na páxina tres. "Los incendios cercan el entorno de Vigo, Pontevedra y Santiago", di a páxina catro...
Na portada do periódico aparece este titular: "Los gallegos luchan mano a mano contra la peor ola de fuego de la historia de Galicia". Na contraportada, Luis Ventoso afirma que Galicia afronta un Prestige en tierra y ahora toca trabajar codo con codo...
¿Quen é ese José Sánchez, de Nunca Máis? ¿Por que esa plataforma cre que agora non hai unha traxedia comparable á do Prestige? ¿Por que non se mobiliza contra a inoperancia do goberno? Pois hai dous días, o presidente Touriño dixo que estaba todo controlado. E logo, o vicepresidente Quintana asegurou que a culpa era do PP...
Realmente, a min non me sorprende que Nunca Máis pense que os galegos somos imbéciles, porque xa o demostrou antes. No Prestige xa avisaron que o mar de Galicia estaba morto para moitos anos...
Pido a todos os que valoren a palabra vergonza, que inunden o correo electrónico de Nunca Máis de frases de repulsa. Porque son eles os que deben comulgar rodas de muíño. Non a maioría dos galegos e galega.