Bugallo revelará este xoves a lista da candidatura socialista

Sinala que as listas "nunca se pechan ata unha hora ou dúas antes de que se presenten"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/03/2023 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago e candidato do PSOE á Alcaldía, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou este luns que será o xoves cando dea a coñecer a lista que o acompañará na candidatura socialista ás eleccións municipais do próximo 28 de maio.

En rolda de prensa no Concello, Bugallo sinalou que as listas "nunca se pechan ata unha hora ou dúas antes de que se presenten". "Esa é a miña experiencia", insistiu a preguntas dos medios.

"A lista farase publica o xoves. Falaremos dese tema despois da asemblea. Paréceme que por respecto aos afiliados deben ser os primeiros en ter coñecemento", resolveu.

O alcade de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo
O alcade de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta