Ocultación de concursos e facturas nas adxudicacións do CETAL

Contratos que duran máis do que marca a Lei, todos os concusos sen publicar no perfil do contratante, falta de certificados básicos, non remisión dos contratos e facturas ao Tribunal de Cuentas e mesmo encargas adxudicadas por máis importe do que sae licitado. Estas son algunhas das irregularidades na contratación do Centro Tecnolóxico Agroalimentario (CETAL), a fundación pública da que sigue sendo tesoureiro Luis Lamas, o presidente de SOGAMA que dimitiu por un contrato adxudicado a dedo a unha empresa que el administra.

Por Manuel Vilas | Lugo | 23/01/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A adxudicación sen publicidade dun contrato ao bufete do que é administrador o tesoureiro -motivo do cese de Luís Lamas como presidente de SOGAMA este mércores- non é a primeira irregularidade na contratación do CETAL. O Tribunal de Cuentas do Estado (TCE) atopou numerosísimas e graves eivas durante a fiscalización que fixo en 2012 desta fundación pública estatal baseada en Lugo. 

Javier López Viana  Director Xeral da Fundación CETAL
Javier López Viana Director Xeral da Fundación CETAL

Unha das irregularidades máis graves é a ocultación dos concursos. Dos 17 auditados polo TCE en 2012, ningún se publicou na páxina web. "Ninguna de las adjudicaciones ha sido objeto de publicidad a través del perfil del contratante de la entidad fiscalizada, incumpliéndose así las previsiones contenidas en el artículo 53.2, inciso final, del TRLCSP", advirte o Tribunal.

O CETAL si publica agora os concursos na súa páxina. Iso si, o polémico concurso adxudicado en decembro a dedo a Lucus Lex (o despacho do que é administrador mancomunado do cesado Luis Lamas) non está publicado no portal da Fundación, como manda a Lei. Polo contrario, si se pode atopar na plataforma de contratación do Estado.

Soprenden outras lagoas clarísimas. Por exemplo, o ente fiscalizador denuncia que "la duración del contrato menor excedió el plazo de un año establecido en la Ley".  Nese expediente consta que "la duración del mismo quedó fijada en cuatro años, previsión contractual contraria a lo establecido en el artículo 23.3 del TRLCSP que limita a un año, sin posibilidad de prórroga, la duración los contratos menores".

O desleixo na contratación chega ao punto de que non hai documentación de que algúns contratistas estean ao pago das súas obrigas coa facenda pública, un dos requerimentos básicos antes de cobrar de calquera administración. O CETAL tampouco puido demostrar que cumprise coa obriga de acreditar a solvencia económica dos adxudicatarios ou a súa habilitación profesional. En tres adxudicacións incluso non figura no expediente documentación algunha que demostre, como esixen as normas, que existía a necesidade de encargar ese traballo.

Edificio do CETAL en Lugo
Edificio do CETAL en Lugo | Fonte: cetal.es

Tamén hai un contrato no que o Centro "pactó un pago anticipado equivalente al 51% del importe total de adjudicación, decisión que resulta contraria a regla del servicio", outro no que a licitación sae  por 17.900 euros pero ao final adxudícase por máis importe (22.737 euros) e unha obra que se fai en dous meses cando tiña que estar completada en quince días, sen que conste sanción ningunha a contratista nin explicación do atraso.

Ademais, a CETAL recibe un claro 'tirón de orellas' por non prestar a obrigatoria colaboración ao ente fiscalizador do Estado. O Tribunal denuncia que a instución luguesa non lle entregou a documentación dos contratos investigados, coa sorprendente excusa de que xa llos remitira a Axencia Tributaria. Cando os auditores lle pediron as facturas deses contratos "tampoco pudo aportar copias de las correspondiente facturas al no contar con las mismas". Noutras palabras, o Tribunal tivo que fiscalizar sen que a Fundación lle facilitara os orixinais de contratos ou facturas provocando "una limitación importante a los trabajos que deben ser vrealizados por el equipo fiscalizador".

Malia os atrancos á labor do Tribunal, os fiscais describen múltiples irregularidades no equipo que dende marzo dirixe Javier López Viana, ex xefe de gabinete da Consellería de Medio Rural. Canda López, quen tamén fora responsábel da empresa pública Xenética Fontao, comparten a responsabilidade da administración da Fundación Luis Lamas (o tesoureiro cesou como presidente de SOGAMA pero sigue no CETAL e na secretaría de organización do PP de Lugo), a ministra Isabel García Tejerina, o delegado do Goberno Santiago Villanueva, o director xeral de Industria Alimentaria Santiago Villanueva, o director general de Industria Alimentaria Fernando Burgaz, o alcalde de Lugo López Orzoco, o conselleiro de Economía Francisco José Conde López, o representante do sector lácteo Jose Luis Antuña e o reitor da USC Juan Viaño. 

GC púxose en contacto co CETAL para que a institución dera a súa versión a estas denuncias do Tribunal de Cuentas, sen recibir resposta polo de agora.

O Tribunal de Cuentas, malia ser o ente fiscalizador contábel supremo no Estado, non ten capacidade de impor  sancións aos altos cargos. Con todo, o incumplemento reiterado das súas recomendacións podería supor a aplicación de multas, segundo a regulación vixente. 

Reunión do Patronado do CETAL en Lugo
Reunión do Patronado do CETAL en Lugo | Fonte: cetal.es
Luis Lamas, presidente de SOGAMA
Luis Lamas, presidente de SOGAMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

2 galegoexiliado

Pois pa eso se crean os chiringuitos, pa saltarse a ley, forrarse e colocar amiguetes e militantes. Menos mal que ahí está Alberto 1º El Incorrupto e o seu Código Ético pa desbaratar estas conxuras socialmasónicas contra o PPartido da Honradez e da Transparencia.

1 Pero

O xerente do Cetal xa leva varias destas: contratacions irregulares, despidos improcedentes, etc, aliás da corrupcion mais habitual, ainda que legal: a ausencia absoluta de actividade, salvo, polo visto, a delictiva. Por certo, ven doutra cova de Ali Babá: Xenetica Fontao.

1 chourizos de etiqueta

Ven do PP, do PP de Chantada para ser exactos. Logo, sendo da cosa nostra, fixo carreira politica e negocios cos colegas do PPsoE e empresas amigas. O raro ben sendo que a "oposicion" e os sindicatos non se enteraron ou non quixeron ver... Pais de obedientes caladiños subvencionados!

2 Frida

Pero, cana verde, exigal, galegoexiliado, y demás fauna presente. Me resulta extremadamente grato encontrarme con unos frikis de la talla vuestra. ¿Qué hacéis aquí en lugar de ir a tomar la merienda y a jugar a las canicas? ¿Os gustar jugar a ser mayores? En ese caso , ¿por qué no nos vamos todos juntos, en paz y en armonía, a algún blog para que os pueda zurrar dialécticamente con mayor libertad y sin caretas? Solo os pido una cosa: que vengáis de uno en uno, y que intentéis hablarme castellano. Yo sé que el gallego paleto lo domináis de maravilla, lo demostráis día a día, y no sabéis lo que os lo agradezco, pero yo siempre quiero más… Proponedme alguno, mentecatos, que allí os espero con el alma desportillada para daros todo mi amor. No me falléis.

3 Lucio

O director do CETAL é un punto de coidado. Non é estrano velo borracho polos bares de veterinaria ofrecéndolle cartos a mulleres para liarse con elas. Investiguen a cadea de favores que hai entre este e outros para que, pese a ser un incompetente e un sinvergoña, o PP sega a mentelo nese cargo a dedo.