A Xunta di que apoia ás familias monoparentais de Galicia

Critica a Lei de Familias que tramita o Goberno central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2023 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, garantiu este domingo a continuidade do apoio da Xunta ás case 2.000 familias monoparentais que xa hai certificadas en Galicia.

Reafirmaba este compromiso no transcurso da reunión que as familias celebraron en Noia. Jacobo Rey lamentou ademais o retroceso que supón para moitas familias monoparentais de Galicia a nova Lei de Familias que tramita o Goberno central e á que a Xunta presentou alegacións.

A este respecto sinalou que, de aplicarse a normativa tal e como está, perderán esta categoría e non poderán acceder aos beneficios que levan asociados. O director xeral explicou que a lei limita o concepto de familia monoparental a aquelas cun só proxenitor recoñecido ou cun proxenitor que ten custodia exclusiva e non ten dereito a unha pensión de alimentos.

Apunta que, "pola contra, a lei galega recoñece nestes momentos como familias monoparentais a aqueles proxenitores con custoria exclusiva --reciban ou non pensión de alimentos-- ao entender que se enfrontan aos mesmos problemas de conciliación.

Unha nai e o seu bebé
Unha nai e o seu bebé | Fonte: Arquivo E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta