Bateeiros reclaman "maior rigor" ante o paro convocado este xoves no sector

Lamentan que o parón convocado "estea a realizarse de forma anónima e por mensaxe de whatsapp" e que coincida co aviso de temporal

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 21/03/2023 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Bateeiros agrupados en Opmega, Amegrove e Socomgal lamentan que o parón convocado para o xoves, día 23, no sector "estea a realizarse de forma anónima e por mensaxe de whatsapp" e reclama "maior rigor".

Bateas mexillón rías galegas
Bateas mexillón rías galegas | Fonte: EUROPA PRESS

Para estas organizacións, unha decisión de tal calado debería estar apoiada por unha convocatoria "asinada e con todo o rigor que se lle supón a un anuncio deste tipo". Ademais, destacan o feito de que a medida coincida co aviso de temporal "que obrigará á maior parte de produtores a non saír ao mar, pero debido ás condicións meteorolóxicas".

Por outra banda, desde Opmega, Amegrove e Socomgal critican que este tipo de decisións se adopten sen diálogo previo "porque a ninguén se lle escapa que este paro vai prexudicar aos bateeiros que se lles está pechando os polígonos por un episodio de toxina e que necesitan sacar xa o mexillón dos polígonos que aínda teñen abertos para poder vender".

Desde Opmega, Amegrove e Socomgal defenden a unidade do sector "porque só desta forma recuperaremos as zonas de recollida de semente que perdemos", á vez que aseguran que manterán diálogo coa Xunta para conseguir "o maior número de metros posible". "Mentres sigan decretando máis aperturas, seguiremos sentándonos a negociar", indican as organizacións que lembran que manteñen aberta a vía xudicial contra a Consellería do Mar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta