As Torres Hejduk da Cidade da Cultura convértense nun invernadoiro interactivo

Dotadas de sensores e infravermellos, as plantas oscilan ou emiten son cando son acariñadas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou este mércores nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura 'FItotario', unha intervención artística que une tecnoloxía e natureza nunha experiencia inmersiva creada pola artista visual Macarena Montesinos Fandiño, en colaboración co artista sonoro Miguel Seoane.

Coincidindo co arranque da primavera, este espazo do Gaiás recupera así temporalmente o seu uso orixinal como torres botánicas, transformándose nun invernadoiro interactivo que convida o público a experimentar coa propia instalación.

Especies vexetais que hoxe poboan os montes ou os campos galegos, como helechos ou lavandas, e outras empregadas como plantas decorativas de interior convivirán ata o 6 de agosto na torre de cristal das Hejduk. Dotadas de sensores e infravermellos, as plantas oscilan ou emiten son cando son acariñadas, modulando a súa reacción en función de variables ambientais como luz, humidade ou temperatura.

A vertente interactiva e inmersiva de Fitotario, explicou Anxo Lorenzo na inauguración, conecta coa parte da programación do Gaiás destinada a pór en valor a arte dixital e tecnolóxica e evidencia tamén a capacidade dos creadores para establecer xogos múltiples coas persoas visitantes.

Inauguración da exposición Fitotario na Cidade da Cultura.. XUNTA
Inauguración da exposición Fitotario na Cidade da Cultura.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta