Detido un home en Ourense por asaltar unha tenda e outro por roubarlle a carteira e o móbil a un peón

Empregou unha barra de ferro para romper a xanela e acceder ao interior da tenda

Por E.P. | Ourense | 28/03/2023 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a dous homes acusados de senllos roubos, o primeiro nunha tenda e o segundo contra un viandante ao que lle quitou a carteira e o móbil do peto da súa chaqueta. Segundo informou a Comisaría Ourensá este martes, o primeiro dos roubos tivo lugar o 5 de marzo na rúa San Francisco, onde o arrestado estableceu conversación cun peón para distraelo e roubarlle o móbil e a carteira que levaba na súa chaqueta.

Ao percartarse do que ocorrera, a vítima pediu ao ladrón que lle devolvese os seus efectos, ao que este replicou con ameazas de morte antes de saír fuxindo cara ao centro. O individuo foi identificado e arrestado o 21 de marzo pola Policía Nacional.

Dous días antes, outro home foi detido despois de asaltar un establecemento comercial do centro ao redor das 03,30 horas da madrugada. Este home, que empregou unha barra de ferro para romper a xanela e acceder ao interior da tenda, foi identificado horas despois cando viaxaba nun taxi tras levar a máquina rexistradora do local e tirala nas inmedacións da zona dos feitos.

Imaxe dun coche da Policía Nacional
Imaxe dun coche da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta