O BNG de Teo presenta a súa lista tras a renuncia da cabeza de cartel nun acto sen Ana Pontón

Pontón apoiara no seu día á que ía ser número un, Patricia Castelao

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 30/03/2023 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O BNG de Teo presenta este venres a súa candidatura para as eleccións municipais, que encabeza Eloi Devesa, nun acto no que estará arroupado polo deputado no Congreso, Néstor Rego, e a parlamentaria autonómica Iria Carreira.

Con todo, non está prevista a presenza da portavoz nacional da formación, Ana Pontón, que ten senllos actos en Corcubión e Cedeira este venres, e quen si apoiara no seu día á que ía ser a número un, Patricia Castelao. A dimisionaria, que alegou motivos persoais na súa marcha, tamén ocupou ata hai unhas semanas unha das dúas actas coas que conta o BNG na corporación local de Teo.

O acto de presentación terá lugar este venres ás 20,00 horas no restaurante Pórtico, en Cacheiras, e nel intervirán Devesa, a número dous da lista, Noelia Castaño, e a deputada autonómica Iria Carreira e o deputado nacional Néstor Rego.

Seguindo na lista a Devesa e a Castiñeiro sitúanse na candidatura Óscar Antón Pérez (Cacheiras), Almudena Taboada (Cacheiras), Marcelino Rey (Os Tilos), Daría Segade (Calo), Irene Tato (Rarís), Rubén Novo (Teo), Jorge Manuel Rey (Os Tilos), Manuel Rodiño (Cacheiras), Sofía Rama (San Sadurniño), Juan Conde (Calo), Roi Álvarez (Cacheiras), Uxía Calvelo (Vilariño), Gonzálo Suárez (Bamonde), Carmen María Rivas (Lucí) e Carme Diéguez (Oza).

RECAMBIO NO CONCELLO

A presentación da candidatura prodúcese tras a dimisión da súa cabeza de lista, que tamén deixou a súa acta de concelleira na corporación municipal de Teo, e que fora anunciada en novembro de 2022, co respaldo de Ana Pontón.

A renuncia de Castelao tamén na corporación local deixou unha posto vacante no grupo municipal do BNG cando apenas queda un pleno ordinario antes das eleccións do próximo 28 de maio, máis aló dalgunha outra sesión extraordinaria.

Fontes consultadas por Europa Press explicaron que a seguinte persoa na lista do BNG á que lle correspondería tomar posesión, Carlos Cebey, quen presentou a súa renuncia a facelo ante a xunta electoral e o Concello.

As mesmas fontes explicaron que está pendente a solicitude da xunta electoral para solicitar que poida acreditarse a seguinte persoa na lista, que se corresponde co número seis da candidatura de 2019, Sofía Rama, e que concorrerá no posto número 11 o próximo 28 de maio.

Eloi Devesa, cabeza de lista do BNG en Teo para o próximo 28 de maio
Eloi Devesa, cabeza de lista do BNG en Teo para o próximo 28 de maio | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta