PSdeG, Anova, Podemos, BNG, CxG ou EU, xuntos na defensa do galego

Todos os partidos, agás o PPdeG, secundan unha gran mobilización en defensa do idioma. Máis de 20.000 persoas participaron na marcha convocada por Queremos Galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2015 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Unidade total de todos os grupos políticos en defensa do galego. Estaban todos, grandes e pequenos, de esquerda, nacionalistas e independentistas. Só, unha grande ausencia, a do Partido Popular. Dirixentes do PSdeG, BNG, Anova, EU, CxG, Equo, Ecosocialistas, Cerna e integrantes de Causa Galiza, ademais de entidades como AGAL, a Mesa ou Prolingua, entre outros, percorreron este domingo as rúas de Compostela para defender o galego.

Manifestantes na protesta de Queremos galego
Manifestantes na protesta de Queremos galego

A manifestación, convocada por Queremos Galego, foi unha mostra da importancia que o idioma ten, aínda, para gran parte da sociedade galega, agás para a Xunta e o PPdeG. De feito, esta protesta chega logo de coñecerse, hai unhas semanas, unha enquisa do IGE que apuntaba que, tan só, un 13% de nenos fala habitualmente en galego.

Por iso, este domingo, os protagonistas eran eles, os máis pequenos. Oito deles encabezaban a manifestación cunha gran faixa na que se lía "Por nós", en consonancia co lema da protesta; "Polas fillas dous nosos fillos, Queremos Galego".

Tras o percorrido por rúas do centro da cidade, os manifestantes concentráronse na praza da Quintana, na contorna da Catedral, onde foi lido un manifesto no que se lembraban os datos desa enquisa do IGE, que constata a mala situación de uso na que se atopa o idioma.

Para Queremos Galego, esta enquisa reflicte a realidade de que en Galicia resulta "imposible vivir en galego con normalidade". "Na práctica o galego non funciona como lingua oficial e, unha vez máis, o Goberno galego está empeñado en desmontar esa oficialidade formal que se conseguida froito da mobilización da sociedade no seu conxunto", denunciou o portavoz deste entidade, Marcos Maceira.

Manifestación de Queremos Galego en Santiago
Manifestación de Queremos Galego en Santiago

Neste sentido, considerou que esta macha foi "unha multitudinaria demostración da unidade do pobo galego ao redor da súa lingua", "unidade que o Goberno do Partido Popular en Galicia pretende romper".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 73 comentarios

11 AMOXEGADOR

Home, o titular seria bonito se fosse verdade. Nom sei que jornalista redigiu isto. Quem realmente mobilizou a gente foi o nacionalismo, o resto enviarom umha "delegaçom". Sejamos serios. Oxalá a luita pola língua fosse umha cousa que envolvesse a todos os partidos, mas nom é assím, infelizmente. Seria sorprendente que Podemos e outros partidos espanhóis mobilizasse o persoal pola defesa da língua.

10 os 25.000 de sempre

Crónica dunha reiteración anunciada. Coma sempre as persoas próximas ao BNG dando a cara. e os outros de submarinos, finxindo compromiso e sendo cipaios das políticas españolistas, inimigaas declaraddas e cancro da nosa cultura. Hai poucos días Pablemmos manifestou en Assturies que para POTEMoS a problematicaas das linguas era cuestión secundaría. Xa se sabe...os populismos dan mmais votos.

1 XABIER VIDAL

Chapeu! Mais claro: auga

2 Ameneiro

Deixando de lado a cifra, acabas de dar-lhe a razom ao PP de que o tema da língua está politizado por umha organizaçom política. Parabens por faze-lo. Por certo, o 98% dos que sempre falamos galego tampouco estavamos aló, polo menos esso deveria fazer pensar a alguns.

9 José

Los gallegos queremos español, que no os enteráis. Gracias a Dios que los medios silencian vuestras asnadas para que no lleguen a nadie y que el gallego se vaya por el desagüe de la historia. En España en español: fuera dialectos.

1 Zombies nazis

José? José Antonio Primo de Rivera, quizais? pero ti estás morto. Por eso das tanto o cante de ser un zombie.

2 joselillo

primnero tu no eres gallego ya te gustaria y segundo no hables por mi por favor no necesito que ningun fascista me defienda

8 2300m2

A ver, rapaces, alguén sabe de que vai o Maceiras, se traballou algunha vez, se agora é un mantido da política, se o foi sempre, etc?

1 Tele yonkis

Coido que o manten a tua dona. Vai que empeza Salvame e deixa de dar a vara.

7 Galego SI BLOQUE SI

MENTIRA DESATADA, nin estaba a nova o vello -vieiras e podemos tampouco estaba, para decir semellante cousa teñen que estar baixo influxo de psicofarmacos ... ESTABAN O BLOQUE - CXG e xente por exemplo de NOS-UNIDADE POPULAR, izquierda unida apareceron 4 gatos cunha bandeira expañola (a xente berroulles fora fora fora a bandeira expañola) e non poideron entrar na quintana os porcos! XA PARECEDES PIOR QUE A COZ DA MALICA...