PSdeG, Anova, Podemos, BNG, CxG ou EU, xuntos na defensa do galego

Todos os partidos, agás o PPdeG, secundan unha gran mobilización en defensa do idioma. Máis de 20.000 persoas participaron na marcha convocada por Queremos Galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2015 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Unidade total de todos os grupos políticos en defensa do galego. Estaban todos, grandes e pequenos, de esquerda, nacionalistas e independentistas. Só, unha grande ausencia, a do Partido Popular. Dirixentes do PSdeG, BNG, Anova, EU, CxG, Equo, Ecosocialistas, Cerna e integrantes de Causa Galiza, ademais de entidades como AGAL, a Mesa ou Prolingua, entre outros, percorreron este domingo as rúas de Compostela para defender o galego.

Manifestantes na protesta de Queremos galego
Manifestantes na protesta de Queremos galego

A manifestación, convocada por Queremos Galego, foi unha mostra da importancia que o idioma ten, aínda, para gran parte da sociedade galega, agás para a Xunta e o PPdeG. De feito, esta protesta chega logo de coñecerse, hai unhas semanas, unha enquisa do IGE que apuntaba que, tan só, un 13% de nenos fala habitualmente en galego.

Por iso, este domingo, os protagonistas eran eles, os máis pequenos. Oito deles encabezaban a manifestación cunha gran faixa na que se lía "Por nós", en consonancia co lema da protesta; "Polas fillas dous nosos fillos, Queremos Galego".

Tras o percorrido por rúas do centro da cidade, os manifestantes concentráronse na praza da Quintana, na contorna da Catedral, onde foi lido un manifesto no que se lembraban os datos desa enquisa do IGE, que constata a mala situación de uso na que se atopa o idioma.

Para Queremos Galego, esta enquisa reflicte a realidade de que en Galicia resulta "imposible vivir en galego con normalidade". "Na práctica o galego non funciona como lingua oficial e, unha vez máis, o Goberno galego está empeñado en desmontar esa oficialidade formal que se conseguida froito da mobilización da sociedade no seu conxunto", denunciou o portavoz deste entidade, Marcos Maceira.

Manifestación de Queremos Galego en Santiago
Manifestación de Queremos Galego en Santiago

Neste sentido, considerou que esta macha foi "unha multitudinaria demostración da unidade do pobo galego ao redor da súa lingua", "unidade que o Goberno do Partido Popular en Galicia pretende romper".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 73 comentarios

6 Miguel o toleirán

O Miguel Alvarez non dá feito, na Voz botando lixo contra Galicia, aquí clonándose, agora déuselle por lembrar a Lenin e botar contas. O outro día na Voz dicía que os mouros lle axudaron a gañar a guerra civil, e dixo onde están enterrados, parece ser que nos seus delirios cre que estivo alí en fin moito lle queda por roer.

5 aConta

Superficie da Quintana, medida con xenerosidade no SIGPAC, sen descontar o espazo do palco e terrazas: 2.300 m2. Como din os organizadores, parece que de letras, que asistiron mais de 20.000 persoas, resulta que había case 9 manifestantes por m2 LoooooooooooL Os 10.000 que da a guardia urbana supoñen algo mais de 4 manifestantes por m2, que tamén é excesivo porque a densidade media dunha mani é de 1.5 manifestantes / m2, o cal para a Quintana da unha asistencia duns 3.500 manifestantes. De ser mais elixirían a o Obradoiro, ou algunha vez irían a prazas como a de María Pita na Coruña o avenidas amplas de Vigo... O conto ese de que a Quintana encheuse catro ou cinco veces da xente que entraba e saía xa mo contaron outras veces e non o cre nin o can.

1 José

Seica nos fas parvos. A Quintana 2300m2? ti sí que pareces de letras

2 Ameneiro

Tampouco te pases, a Quintana descontando o palco saem 2.924,49 m2 (Google Earth Pro), umhas 7000 pessoas na Praça. O que para este País está moi bem.

3 José

como que descontando o palco? se no palco había polo menos 500 persoas, en catro quendas de 125..... A Quintana ten máis de 3000m2 e se contamos os tellados da catedral, que alguén habería por alí, 5000

4 leroi merlin

Ingeniero, fai o calculo en ferrados e para aproximar en cuncas e seguro che sae mellor o càlculo. Ou che falta unha fervedura ou eres un amargado/a para poñer este comentario de fisica cuàntica

5 Foron_20000_e_subindo

Boh! si cabían 7000 Pilinguis hai uns anos, agora, mais fracos e esfameados pola graza do goberno que querían, caberán 20000, e ainda quedamos curtos, porque non vexo eu que haixa SÓ tres veces mais fame. O pilinguismo ´é o que ten, só son de letras, non falan de economía nin de resuldados, falan de dereito a non estudar galego, non vaia ser que atopen que son analfabetos a estas alturas e con esas engurras.

4 Shin-Chan

O que non acabarei nunca de entender é que utilidade lle vedes en mentir no número de manifestantes.

1 Obailedocuiño

Logo, cántos foron segundo ti? e, cántos os que reuniu Galicia Bilingüe últimamente?

2 Rdmx

A Lenin foille ben. Os bolcheviques eran minoría fronte aos mencheviques que eran maioría pero Lenin impuxo aos primeiros como maioritarios e acabou con mencheviques. O mesmo Lenin tamén dicía que a mentira pode ser unha poderosa arma revolucionaria. E digo eu que os débiles berran moito, fanse notar, etc. É so unha mostra de debilidade que na oposición pásase moito frío. O PP non fai manis, e arrasa en Galicia.

3 Akribéstaton

A razão destas duas últimas cousas é que o PP controla, ou é um brinquedo dos que controlam, os meios de comunicação.

3 Manu2

Hai que intentar manter esta unidade. Se nos interesa que o galego non desapareza.

2 Manu2

Hai que intentar manter esta unidade. Se nos interesa que o galego non desapareza.