Alugar unha vivenda en Galicia é xa un 2,8% máis caro que o ano pasado

O prezo medio da vivenda de segunda man en Galicia este marzo é de 1.338 euros por metro cadrado, unha súbida do 0,74% fronte decembro de 2022, segundo Pisos.com.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/04/2023 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda en aluguer en Galicia sube un 2,8% no primeiro trimestre do ano ata alcanzar os 7,7 euros por metro cadrado, segundo o último informe publicado polo portal inmobiliario Idealista. Segundo traslada o portal nun comunicado, en termos interanuais a subida é do 6,3%, aínda que un 19,7% por baixo do máximo nas rendas de Galicia rexistrado en maio do 2007.

En xeral, os alugueres subiron en todas as provincias, sendo A Coruña e Pontevedra, cun 3,2% en ambos os casos, onde máis aumentaron. O prezo sitúase nos 7,6 e 8,7 euros por metro cadrado, respectivamente. Pola súa banda, en Lugo, os custos de alugar unha vivenda aumentaron un 1,2%, de maneira que o metro cadrado está a 5,8 euros. Así, en Ourense o ascenso é do 0,7% e o metro cadrado atópase a 6,2 euros.

A VIVENDA SOBE UN 0,74%

Os datos, publicados por Pisos.com sitúan o prezo medio da vivenda de segunda man en Galicia no mes de marzo de 2023 nos 1.338 euros por metro cadrado, isto tradúcese nunha subida do 0,74% fronte decembro de 2022. En termos interanuais a súbida é do 4,61%, mentres que mercar un piso de segunda mas custa un 0,91% máis que no mes de febreiro.

A provincia de Pontevedra é a máis cara, o metro cadrado alcanza os 1.586 euros --un 1,27% máis que fai tres meses--, seguida da Coruña con 1.379 euros --cunha subida do 0,45%--. Por outro lado, Ourense conta co maior aumento dos prezos, un 1,48%, de forma que o custo dunha vivenda usada por metro cadrado é de 930 euros. Así, Lugo sitúase como a provincia máis barata cun aumento dos prezos do 0,42% e o metro cadrado a 928 euros.

Custos vivendas
Custos vivendas | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta