ANPAs Galegas critican o calendario escolar 2023/24 por "roubarlle unha semana de curso" á ESO

Pide ter representación nas decisións dos horarios escolares.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/04/2023 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Confederación ANPAs Galegas critica á Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades por considerar que coa súa proposta de calendario escolar para o 2023/24  os estudantes da ESO contarían cunha semana menos, "porque esa terceira avaliación adiantaríase ao 13 de xuño, mentres que a última realizaríase necesariamente a partir do 21 de xuño" destaca ANPA.

En concreto, a Xunta remitiu aos sindicatos a finais de marzo unha proposta pola que as clases arrincarían para todas as etapas o venres 8 de setembro e finalizarían o xoves 20 de xuño, salvo para 2º de Bacharelato que sempre depende das datas da Selectividade. O que, din, implicaría volver a cometer o erro xa correxido para o curso 22-23 de que non coincidisen a terceira avaliación e a final.

Ademáis, ANPAs Galegas pide á Consellería de Educación unha ractificación e que o calendario escolar sexa debatido no Consello Escolar de Galicia, onde tamén están representadas e poidan opinar as asociacións de pais, e non "exclusivamente" nunha Mesa Sectorial cos sindicatos.

Aula baleira
Aula baleira | Fonte: ANPA IES DE BRIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta