Feijóo estivo nos barcos que Dorado usou para traficar con droga

O presidente galego navegou no Menkalina e no Oratus. Este último barco foi seguido por Aduanas en operacións de narcotráfico. Os dous eran patroneados por Antonio Devesa, condenado por tráfico de drogas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Oratus. Ese é o nome dun barco de 21,40 metros de eslora propiedade de Marcial Dorado, o narco que acaba de ser novamente condenado a seis anos por branqueo de capitais e que, durante os anos noventa, mantivo unha longa amistade co actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Nova fotografía de Feijóo con Marcial Dorado no Oratus, un barco que, segundo Aduanas, serviu para traficar droga
Nova fotografía de Feijóo con Marcial Dorado no Oratus, un barco que, segundo Aduanas, serviu para traficar droga | Fonte: El Pais

Precisamente, no Oratus viaxou Feijóo na súas estancias en Ibiza co narco galego. Novas fotografías publicadas pola edición galega de El País recollen eses momentos nos que o presidente galego e Dorado eran case íntimos nas súas viaxes de lecer, non só nas rías galegas, senón tamén noutros mares máis turísticos, como o Mediterráneo.

Nesta nova instantánea pódese ver a Feijóo con Dorado, e outros acompañantes no Oratus. Precisamente, esa embarcación foi seguida por Aduanas nunha viaxe que realizou a Baleares e chegou a estar balizado cun localizador por sospeitas de narcotráfico. Esta mesma embarcación foi, posteriormente, intervida no porto de Benalmádena (Málaga), segundo recolle El País.

O tribunal recoñece que esta nave, co nome de Hércules e con base en Eivissa, foi vendida de xeito ficticio por 751.000 euros, e recomprada a través dunha empresa pantalla. Posteriormente, Dorado cambioulle o nome por Oratus. 

Dorado posuía outras embarcacións. En 1994 compra Gallega Off Shore e Astilleros Hércules, con base en Ferrol. Alí preparou o Nautillus --que participou na operación de cocaína pola que foi condenado, La Pinta e Hércules, logo denominado Oratus. Tamén tiña unha nave máis pequena,  a Menkalina, de 12 metros de eslora e con base en Vigo. Estas dúas eran patroneadas por José Antonio Devesa, condenado por tráfico de drogas, e nas dúas estivo o presidente da Xunta nos seus momentos de lecer.

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

Agora, estas embarcacións aparecen entre os bens comisados pola Audiencia Nacional e poderán ser vendidos polo Fondo de Bens Comisados do Plan Nacional sobre Drogas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 xan

sona con máis forza a persoa do señor grobas como posible cargo en M. Rural, ante a falta de ideas. Ben seña por que dispon de informaciçon sensible ou lazos familiares esta moi ben considerado os contactos son continuados....

4 Pepeiro e botado padiante

moi ben, ja temos un sete por cento máis de votos para o PP, porque o eleitorado da Galiza quere gente botada padiante, se houbo tráfego pois o que fora, pero máis importante manter o tipo tranquilo sen algarabías. Aparte que que o importante é o que diga a tele (con tódalas canles controladas pola Espanha). Galiza así somos, neve e qualidade.

3 xacobe

o peor e que amtega os gastos en progrmas dos chiringuitos e externaliza a súa confeccion todo o que pode centos de m

2 Neve

E agora anda por Colombia...

1 PAPUXA

Diario pola "NEVE"

1 Antón de Guizán

Veremos cantos trolleiros da UPG comentan esta noticia, e seguro que si a comentan sae Beiras polo medio

1 na loita

Qué carallo terá que ver esta nova do xornal co que dis, en fin, estamos no entroido.