A Xunta declara BIC a Casa Cornide, en mans dos Franco
A partir de agora, a familia do dictador terá que protexer os obxectos que ten no seu interior e facilitar a visita pública catro veces ao mes. A alcaldesa, Inés Rey, impulsará os trámites para facerse coa propiedade.