O Parlamento escenifica a tensión entre PP, BNG e PSdeG, que acusan aos populares de causar "conflito" co galego

O debate tivo lugar no pleno do Parlamento na semana previa á celebración o próximo 17 de maio do Día das Letras Galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario Popular aprobou en solitario a iniciativa a través da que pedía reafirmar o compromiso da Cámara galega co marco lingüístico recolleito na Constitución, no Estatuto, na Lei de Normalización Lingüística e normas como o decreto do plurilingüismo, como base do "bilingüismo cordial" de Galicia.

A proposición non de lei, que contou este mércores co voto en contra de BNG e PSdeG, foi debatida na xornada do martes, na que os grupos da oposición coincidiron ao acusar o Partido Popular de abrir un "conflito" co galego por mor de normas como o decreto que "prohibe" impartir as matemáticas neste idioma mentres que os populares volveron a defender que hai un "bilingüismo cordial" en Galicia.

O debate tivo lugar no pleno do Parlamento na semana previa á celebración o próximo 17 de maio do Día das Letras Galegas, efeméride ante a que o Grupo Popular reclamou que a Cámara reafirmase o seu compromiso co marco lingüístico recolleito na Constitución, no Estatuto, na Lei de Normalización Lingüística, desenvolto no Plan Xeral de Normalización da Lingua galega e nos plans de dinamización do galego no tecido socioeconómico e na mocidade.

O encargado de presentar a proposición non de lei foi o deputado popular José Luís Ferro, quen destacou a posta en marcha de leis estatais e autonómica para conseguir que en Galicia non existisen conflitos lingüísticos e sostivo que o Goberno galego traballa para iso. Tras considerar que a oposición "non acerta" nos seus posicionamentos sobre o modelo lingüístico, incidiu en que a Xunta traballa para mellorar as cifras de falantes a través dun modelo con base en "liberdade e a convivencia".

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

Tras o popular, a primeira en comparecer foi a deputada socialista Noa Díaz, quen acusou o deputado do PP de partir de "uns marcos" en relación ao uso do galego "que non se corresponden á realidade". "Non propoñen nada novo e pretenden que apoiemos algo que apela a referendar o marco existente que desaprueban todas as institucións con responsabilidade e entidade na materia", reprochou.

Pola súa banda, o parlamentario do BNG Daniel Castro afeou ao PP que presentase unha iniciativa que xa levaran á Cámara hai "27 meses". "Tiñan que presentar algo con motivo das Letras e presentaron isto de hai 27 meses", censurou.Tras iso, rexeitou as afirmacións do PP en relación a que non existe ningún conflito lingüístico e lembrou que todos os entes relacionados coa defensa do galego están en contra do decreto do plurilingüismo.

O Parlamento galego nunha sesión plenaria
O Parlamento galego nunha sesión plenaria | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta