Ana Pontón defende en Ferrol o modelo do BNG para construír país desde os concellos

Reivindica os gobernos "de éxito" do BNG, "o mellor aval e exemplo de como facer avanzar unha cidade, a ritmo rápido e en positivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2023 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este sábado en Ferrol que comezou "a conta atrás" para que os veciños do municipio coruñés decidan "o rumbo de cidade no próximos catro anos", convencida ademais de que van optar por un "proxecto valente, transformador para abrir un tempo novo no concello".

"Os gobernos de éxito do BNG son o aval e o mellor exemplo de como facer que unha cidade avance a ritmo rápido e en positivo", afirmou. "Estou segura de que os veciños de Ferrol darán a súa confianza ás ideas claras e con coherencia na defensa da cidade que representa Iván Rivas", engadiu.

A líder nacional sinalou ao PP e ao PSdeG na súa intervención. "Das franquías estatais xa sabemos o que podemos esperar. Son dúas caras da mesma discriminación con Ferrol. Din unha cousa cando están na oposición e fan a contraria cando chegan ao goberno. O do sector naval é un exemplo de libro. É lamentable como se intercambian os papeis con total descaro e sen porse sequera colorados", lamentou.

"O BNG representa a única opción de cambio real para este concello porque temos un gran candidato e un proxecto serio, solvente, e coa man tendida para transformar esta cidade en positivo, a favor sempre das persoas", insistiu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en Ferrol. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en Ferrol. BNG | Fonte: Europa Press

EN CLAVE GALEGA

Por outra banda, Ana Pontón animou a "pensar en Galicia en grande". "O meu soño é facer realidade esa Galicia en grande como xa facemos nos concellos onde gobernamos. Teño a esperanza e o convencemento de que está máis preto que nunca facer ese soño realidade e abrir unha nova etapa na que os galegos miren ao futuro con tranquilidade e esperanza", comentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta