28M PP Rueda insiste no modelo de "sentidiño" de Feijóo fronte o "modelo de Sánchez na Moncloa"

Sobre os candidatos doutras formacións políticas considera que non son "independentes" e seguen o modelo de Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2023 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, volveu a insistir en que "todo o que non sexa votar ao 'sentidiño' do PP" nos próximos comicios locais será "votar o modelo de Sánchez na Moncloa". Así o manifestou este domingo nun acto de campaña na localidade coruñesa de Ribeira, onde reivindicou o modelo popular como "o modelo da xente que traballa no día a día" á marxe de "pelexas" e que "non perde o tempo en falar dos demais".

No lado oposto estarían, segundo sinalou, os candidatos do PSOE, do BNG e independentes "que disimulan e fan crer que son diferentes", cando, na súa opinión, "en realidade o único modelo que teñen todos eles é o de Pedro Sánchez na Moncloa".

"Se dividimos o voto e se damos todo por gañado e nos relaxamos, triunfará o modelo de Pedro Sánchez. Pero se queremos que Ribeira siga beneficiándose do modelo dos que saben facer as cousas e que cando cheguen as eleccións xerais cambie o Goberno de España, o único modelo a seguir é o do PP e o dos seus candidatos", subliñou o líder dos populares galegos.

Ademais, en clave local, Rueda asegurou que os veciños de Ribeira poden sentirse orgullosos de ter un alcalde "inconformista" como Manuel Ruiz. "En Ribeira tedes un alcalde que sabe, que prioriza yque está a pór este concello onde ten que estar", resolveu.

RIBEIRA "ENTRE TODOS"

Pola súa banda, o actual alcalde e candidato á reelección destacou que durante a pandemia o seu equipo de goberno demostrou ser "o goberno da xente" e presumiu de que Ribeira sexa o concello galego "que conseguiu máis fondos Next Generation por habitante".

Así, Ruiz afirmou que quere seguir construíndo unha Ribeira "entre todos", algo que, sinalou, "só pode facelo un partido que fale con todos como o PP". "Mentres a oposición só ten como única idea botar a Manolo Ruiz, eu só teño a de construír a Ribeira do futuro entre todos", aseverou.

Alfonso Rueda continúa coa súa intensa axenda de campaña nun domingo no que, ademais de Ribeira, A Pobra e Boiro pola mañá, participa en actos dos populares tamén en Mos, Lalín, Chantada, Monterroso e Rodeiro.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, nun mitin co candidato dos populares á Alcaldía de Ribeira, Manuel Ruiz.. PPDEG
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, nun mitin co candidato dos populares á Alcaldía de Ribeira, Manuel Ruiz.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta