UU.AA. avisa de que as granxas lácteas non aceptarán a continua baixada de prezos nos contratos de agosto

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, explicou que as industrias lácteas buscan que se elimine "a pedra angular" da lei de cadea, que non se poida vender por baixo de custos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, advirte de que as granxas lácteas "estalarán" se a industria continúa coa baixada "unilateral" de prezos nos contratos que entrarán en vigor a partir do 1 de agosto, despois da rebaixa consumada o pasado mes de abril --que foi de 10 céntimos de media--.

En rolda de prensa en Santiago, García expuxo que se trata de "un momento especialmente delicado", xa que en xuño as industrias deberán presentar as propostas que entrarán en vigor a partir de agosto. Teme que se continúe coa folla de ruta de baixadas, a pesar de que os custos de produción seguen sen reducirse debido a problemáticas como a seca. De feito, expón que no sur de España comeza a aumentar o número de vacas que levan a matadoiro ante a falta de forraxe.

Por iso, apela á Xunta a que publique os datos da Conta Láctea para que sirvan de elemento de referencia antes de que se produza esta negociación e non a posteriori de que os contratos estean asinados. O obxectivo é que non se permita que as empresas lácteas "volvan impor unilateralmente unha baixada de prezo". O líder de Unións Agrarias alerta de que as explotacións que pechen este ano "non volven abrir no futuro".

Nesta liña, o responsable de Área Externa de UU.AA., Félix Porto, avisa que se trata de "un momento transcendente" para as explotacións galegas ás portas de que se renove "a maior parte de contratos" entre produtores e industria. Incide en que a administración debe pór en marcha un observatorio con índices obxectivos que obriguen á industria a cumprir a lei.

CONTENCIOSO NO SUPREMO

Así mesmo, Unións Agrarias explicou que o vindeiro mércores, 31 de maio, o Tribunal Supremo abordará un contencioso-administrativo no que as industrias lácteas buscan que se elimine "a pedra angular" da lei de cadea, a cal vela por que cada elo non poida vender por baixo de custos. Unha cuestión que Roberto García identifica con que as empresas queren "a lei da selva fronte ao gandeiro".

Durante esa xornada, tanto Unións Agrarias como a Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) presentarán senllas periciais en relación con esta demanda, con interrogatorio de peritos ante o tribunal.

Arquivo - Varias vacas durante o ordeño na gandaría. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varias vacas durante o ordeño na gandaría. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta