GC Aberto
Temas: POIO BNG 28M

A morneza do BNG

O eclecticismo do BNG conleva ter menos enemigos, mais tamen menos amigos comprometidos. A renuncia a mencionar a verba esquerda, non citar aos axentes sociais e agora o prescindir do independentismo fannos máis fortes ou máis débiles?

Por XoseRios | GC ABERTO | 27/05/2023

Comparte esta noticia

XOSÉ RÍOS CIDRÁS

Urna cunha chea de papeletas de votación
Urna cunha chea de papeletas de votación | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Recaen na UE as competencias para a conservación dos recursos pesqueiros. A tenor de cómo se construiu o chamado Proxecto Europeo e os escaso interese na pesca por parte dos fundadores, non é de extrañar o rol da Comisión Europea. Baixo a careta verde dise querer protexer as especies mariñas (agás claro está a raza galega).  Ao albor desta nova crise do capitalismo, o comisario de Medio Ambente-Mariño e Pesca decide unilateralmente vetar a pesca a 400 mts, incluir a quenlla no CITES, baixar os cupos na Svalbard e en Terranova, implantar diarios de capturas a planeadoras,...Lembrar que coa entrada na CEE, a flota galega ficou fóra do Mar do Norte, e se nos limita-restrinxe o acceso ao noso Gran Sol, na que tantas vidas perdemos. Fomos “expulsados” de caladoiros tradicionais como o Sahara Occidental, e nunca tivemos a consideración de altamente dependente da pesca a pesar de liderar a recepción dos fondos estructurais IFOP-FEP-FEMP. 

Mais naqueles anos sí había una resposta política. As activistas daquel BNG advertíannos do mal chamado “Mercado Común”, e incluso non dubidaban en calificar á Política Pesqueira Común de apartheid galego. A diferencia de entonces, hoxe o BNG adoece de análise política, véndose amiudo superados pola realidade. Na Galiza, non hai semana na que non se fagan mobilizacións en defensa do monte, da costa, o dereito á información, a lingua…; así como folgas ou protestas polo empobrecemento social e indivudual. Semella que as dirixentes actuáis do BNG coavitan noutra realidade, refuxiándose en eslogáns de campaña e na rotación de camaradas de confianza. Así de candidatas ao Parlamento pasan a candidatas ás alcaldías e volta outra vez ás listas por se hai que formar parte dun posíbel Governo na Xunta. Esta enaxenación da realidade, ás veces rachada por Nestor Rego, é sen dúbida un dos motivos do hastío que hai na Galiza cara a política, buscando electorado e renunciando a laboura concienciadora.

Volvendo á pesca, mentras se estigmatiza inmerecidamente a bombo e platillo a nosa flota, mantense un silencio noxento sobre a pesca industrial nórdica. Buques factoría de Noruega, Feroe, Islandia, … continúan coa sobrepescas  para as piscifactorías. Qúe se pode decir da pesca mediante descargas eléctricas na UE? Ou cómo se permite na pesquería do bontio a arrastreiros en parella faenar no medio dos nosos curricaneros? A caso é máis verde o peixe importado ca o galego? Porsuposto que non.  Logo cal é o motivo?

Ao igual que aconteceu coa entrada no Mercado Común, a ampliación cara o leste da UE, o rescate bancario do 2012, o Brexit, a pandemia, e “crise” pola guerra contra Rusia, á pesca galega segue sendo a moeda a sacrificar. Os que din protexer o océano están a falar en boca de grandes firmas do salmón, do fracking, empresas enerxéticas, consorcios da minaría submarina e búsqueda de terras raras...

Resumindo, se queremos ser realmente rebeldes empreguemos expresións coma “peixe noso” en troques de “verde”.

Poio; a 26 de Maio do 2023.

Temas: POIO BNG 28M
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Monelos

O autor do texto sabe escribir en galego? Este xornal non pasa controis de calidade e edición? Quítalle moito valor ás palabras.

2 Moine

Na minha opiniom, o BNG hoje nom deixa de ser umha organizaçom social-demócrata que nom questiona para nada nem o sistema de barbárie que é o capitalismo, nem o Regime político administrativo boubónico vigente; converteu-se numha força regionalista sem projecto emancipador para o País. Levamos séculos sob os desígnios de Madrid, e estes som bem determinantes: Emigraçom para o povo, e saqueio dos recursos (sejam naturais ou financeiros) para industrializar e enriquecer Madrid.

1 Xandre Bastos

O BNG de hoxe é o que fala vostede. Semella que xa importa máis no Bloque a opinión de catro gatos con twitter ca as necesidades reais dos galegos. Toda a súa comunicación é postureo posmoderno, importa máis a de moda autodeterminación de xénero ca a autodeterminación da Patria, a loita de sexos ca a loita de clases, e así con todo. O independentismo está silenciado, a disidencia no tema trans tamén, etc. De ser o Bildu galego pasou a ser un partido autonomista, sen pulso, acomodado no discurso burgués das modas urbanitas, un partido "aceptábel" para Madrid. E se pensan que indo por ese camiño rabuñarán máis votos témome que mamaremos PP moitos anos máis na "Junta del Noroeste". A solución? Independencia, con todas as letras e consecuencias!

1 Fonseca

Este artigo è coma despertarse dun longo sono. Non sei que acontecerà mañàn, mais està claro que electoralmente non se vai gañar a liberacion.