Estafan case 50.000 euros a un concello do Barbanza a través de Internet

Foi a través da técnica coñecida como BEC (Business E-mail Compromise).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2023 | Actualizada ás 09:51

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a un veciño da localidade almeriense del Ejido por supostamente estafar a través de Internet máis de 47.000 euros a un concello da comarca do Barbanza. Tal como informou a Benemérita, a investigación comezou en xaneiro, cando un responsable do municipio denunciou sufrir unha estafa ao realizar o pago a unha empresa pola realización dun servizo.

A estafa levouna a cabo mediante a técnica coñecida como BEC (Business E-mail Compromise) ou compromiso de e-mail corporativo. O ciberestafador enviou varias mensaxes ao concello desde unha dirección de e-mail que imitaba ser a da empresa coa que mantiña relación comercial o organismo público, chegando a achegar un certificado de conta falsificado onde se lle indicaba que debería facer o pago dos traballos realizados.

A entidad local, tras recibir a chamada da empresa real interesándose pola factura pendente de pago, decatouse de que o número de conta non coincidía co que a empresa lle estaba comunicando, dándose conta nese momento de que foran vítimas dunha estafa.

Por iso, a Garda Civil iniciou a investigación, localizando ao estafador e recuperando 15.100 euros dos 47.305 euros estafados. O home era veciño del Ejido, ao cal lle figuraban antecedentes por estafas realizadas por Internet. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado número 2 de Ribeira (A Coruña).

Desarticulado un grupo especializado en estafas por internet tras unha denuncia realizada en Galicia
Desarticulado un grupo especializado en estafas por internet tras unha denuncia realizada en Galicia | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta