Por E.P. | PONTEVEDRA | 31/05/2023 | Actualizada ás 18:35
Os artigos 'As voces perdidas' de Carolina Sertal e 'A vantaxe de ser muller' de Carmen González alzáronse cos premios de xornalismo de opinión 'Mulleres que opinan' en galego e en castelán convocados pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, dotados con 1.000 euros cada un.
Estes premios, convocados no marco do foro 'As mulleres que opinan son perigosas', buscan promover o exercicio da opinión xornalística e fomentar o nacemento dunha nova "canteira de mulleres opinadoras".
No seu texto, Carolina Sertal parte dunha cita de Virginia Woolf, 'unha muller debe ter diñeiro e un cuarto propio para escribir ficción', a partir da que reflexiona sobre como ás mulleres negóuselles ese cuarto propio, que é o tempo para si mesmas.
Sertal define o foro 'As mulleres que opinan son perigosas' como "ese cuarto propio negado a diario" e como "un lugar cun chan sólido e nada pegañento sobre o que tecer unha rede segura co fío das que foron alumadas co don da palabra". "En definitiva, un cuarto en cuxas paredes resoan as denuncias e as reivindicacións das mulleres valentes que xa non están dispostas a calar", sinala.
Pola súa banda, Carmen González inspirouse no seu artigo na conferencia coa que Rosa María Calaf pechou o foro, unha conferencia que "cambiou a perspectiva" facendo ver que as mulleres "son moito máis que as primeiras vítimas de toda desigualdade e recesión".
En 'A vantaxe de ser muller', apunta que no xornalismo as mulleres tamén son "garantía de humanidade e universalidade, completando a metade que se cerna de todo relato por non incluír ás mulleres". "O xornalismo con enfoque feminista é imprescindible porque se asoma á cara oculta da realidade", indicou.
O xurado estivo formado pola xefa do Servizo de Igualdade da Deputación, Lucía Muradas; a técnica deste Servizo, Ana Isabel Amoedo; e as xornalistas Susana Pedreira, Diana López Varela, Belén López María Obelleiro e Lara Graña; a representante do CIM de Pontevedra, Mercedes Renda; e Jesús Igrexas e María Conde como representantes, respectivamente, dos gabinetes de prensa do Concello e a Deputación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.