Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/06/2023 | Actualizada ás 20:30
A ceremonia de recollida da cuarta edición dos `Premios Mil Primaveras´ terá lugar o venres 9 de xuño ás 19:30 no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar aEstos galardóns crearonse pola Coordinadora de Traballadores/as da Normalización da Lingua (CTNL) co fin de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que busquen o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e prestixio.
Este ano os galardoados son a Asociación Faladoiros Vigo, pola creación de espazos de conversa informal en galego, Caravexo TV, por promover o uso da lingua entre os máis pequenos e xóvenes, Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, por fomentar a ceación dunha comunidade lingüística e Na Utopía por ser unha ferramenta tanto formativa como normalizadora.
Ademáis o acto contará ca actuación de Matrioskas, é de acceso libre ata completar aforo e os premios consistirán na entrega dunha peza artística creada por Feituras, un obradoiro de olería de Buño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.