A Xunta reivindica a "rapidez" de actuación fronte aos positivos por turberculose en Ourense

Detectáronse unha vintena de casos no IES Julio Prieto Nespereira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou este luns a "rapidez" coa que a Xunta actuou fronte á vintena de positivos en tuberculose detectada no IES Julio Prieto Nespereira de Ourense. A preguntas dos medios este luns, Rodríguez cinguiu esta cuestión ao ámbito "puramente sanitario", pero si reivindicou que se actuou "cunha enorme rapidez" e "seguindo todos os protocolos sanitarios", que neste caso datan de 1994.

Ademais, confirmou que os afectados teñen unha "sintomatoloxía moi leve" e que a situación está "controlada". Pola súa banda, fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) consultadas por Europa Press apuntan a que este luns non había novidades respecto diso.

O pasado sábado, a Consellería de Sanidade informaba da activación do protocolo correspondente tras detectarse 19 positivos de tuberculina no instituto ourensán. Por agora, este positivo só indica o contacto previo co bacilo da tuberculose, pero non a presenza da enfermidade, polo que se lles pauta un tratamento para evitar que a desenvolvan.

Tuberculose.
Tuberculose.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta