A Xunta responsabiliza ao Concello de Betanzos e a Viaqua do estado da auga tras o brote de gastroenterite

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Augas de Galicia realizou analíticas da auga en Betanzos polo brote de gastroenterite, segundo informou a Consellería de Infraestruturas. Con todo, achaca ao consistorio a "responsabilidade" sobre o estado da mesma. Unha responsabilidade que tamén é da empresa contratada para o subministro da auga, Viaqua

Fíxoo despois de que a alcaldesa, María Barral, instase a esta consellería a actuar coa "máxima rapidez" e analizar a auga do río Mendo para descartar que o brote, vinculado cun virus detectado nalgúns depósitos e algunha fonte, tivese a súa orixe en augas do mesmo.

Nun comunicado, o departamento autonómico afirma que "a responsabilidade legal de abastecer de auga á poboación en cantidade e calidade é do Concello de Betanzos". "A Administración local capta a auga no río, trátaa e ten a competencia de servila á poboación polo que, se forneceu auga que non cumpría as condicións, a responsabilidade é municipal", dixo. Actualmente, o Concello de Betanzos ten contratado con Viaqua a subministración e o control da auga municipal.

"En todo caso, a Xunta está a colaborar co concello na procura da orixe do problema para que se poida solucionar". "No marco desta cooperación, Augas de Galicia realizou analíticas da auga e está á espera dos resultados", engade.

Traballadores de Viaqua
Traballadores de Viaqua | Fonte: viaqua.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta