Talleres e coloquios para celebrar o Día do Orgullo en Ourense

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense, a través da concellaría de Igualdade, celebrará o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ con talleres, coloquios e unha xornada formativa sobre a diversidade e a pluralidade.

En concreto, serán o vindeiro luns 19 e o mércores 21 de xuño, coa participación aberta a público de todas as idades -inscrición previa e gratuíta-, no Centro Cívico Colón e no Centro de Información Municipal ás Mulleres.

A primeira das dúas xornadas terá como protagonista á sexóloga Bárbara Serrano, para falar da importancia da pluralidade desde un enfoque multidisciplinar, que abarca a profesionais, activistas e familias. Posteriormente, terá lugar unha mesa redonda con representantes dos tres sectores mencionados. O programa complétase o mércores, 21 de xuño, co taller 'Pensar a diversidade', impartido por Ana Pérez Cardoso, educadora do CIMM.

As inscricións son gratuítas, e realizaranse no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) ou a través da dirección de correo electrónico concelleriamuller@ourense.es

Manifestación de entidades LGTBI no Día do Orgullo con recordo a Samuel Luiz
Manifestación de entidades LGTBI no Día do Orgullo con recordo a Samuel Luiz | Fonte: M. DYLAN - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta