Entidades de teatro afeccionado recibirán 45.000 euros da Xunta para impulsar o circuíto galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2023 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asinou un convenio coa presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), Chelo Pampillón, a través do cal o Goberno autonómico achega 45.000 euros para impulsar a actividade do teatro afeccionado por todo o circuíto galego.

Deste xeito, a Consellería incrementa nun 12% o orzamento destinado a apoiar o circuíto teatral que promove Fegatea en distintos concellos galegos cunha programación de polo menos catro funciones por sede. Serán un total de 80 representacións e un público estimado de 5.000 espectadores.

"A intención é continuar distribuíndo a cultura por todos os recunchos de Galicia e seguir fomentando a actividade do teatro afeccionado asegurando a súa viabilidade", sinalou o conselleiro. Un dos obxectivos deste circuíto é incentivar a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro, xa que os participantes non poderán actuar na cidade na que radica o seu domicilio social.

Así, a intención é que esta actividade supoña o desprazamento dunhas 800 persoas vinculadas a estes grupos teatrais, o que derivará nun fluxo económico nos concellos nos que se representen as funcións.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), Chelo Pampillón, asinan un acordo de colaboración
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), Chelo Pampillón, asinan un acordo de colaboración | Fonte: Xoán Crespo - Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta