Xulgan a un camelo que acoitelou no pescozo a un home tras discutir porque a droga era "cara"

O Ministerio Público pide sete anos de prisión

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2023 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense acolle o vindeiro martes e mércores o xuízo contra un mozo, acusado de tráfico de drogas, que cortou o pescozo a un home co que se citou para venderlle haxix tras ter unha discusión polo prezo da sustancia.

En concreto, a vítima e uns amigos viaxaban en coche desde Vigo a Madrid o 23 de marzo de 2021 e, ao seu paso por Ourense, tentaron comprar haxix ao acusado, cuxo teléfono lles facilitou un mozo que viron pola rúa fumando un porro, tal e como recolle o escrito de acusación fiscal.

O acusado e o grupo de persoas entre as que se atopaba a vítima citáronse nas inmediacións da vivenda do primeiro para efectuar a transacción. Alí, apunta Fiscalía, o acusado pediulles 70 euros por 10 gramos de haxix, "o que aos compradores pareceulles caro".

Nun momento dado, o acusado encarouse cun dos mozos e a vítima interveu agarrándoo polo ombreiro para apartalo. Nese instante, o camelo cravoulle no pescozo un coitelo de serra que portaba.

Como consecuencia do ataque, a vítima sufriu unha grave lesión no pescozo, con sección da laringe, o que obrigou a practicarlle unha traqueotomía. Ademais de secuelas emocionais, quedáronlle secuelas físicas, entre elas unha cicatriz "moi visible" de 13 centímetros que lle percorre o pescozo de lado a lado.

O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito de homicidio en grao de tentativa, polo que pide para o acusado sete anos de prisión. Ademais, solicita outros dous anos de prisión por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. No capítulo das indemnizacións, Fiscalía solicita para o prexudicado 7.640 euros polos días nos que permaneceu afectado, así como 30.000 euros polas secuelas.

Audiencia Provincial de Ourense / Europa Press / Europa Press
Audiencia Provincial de Ourense / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta