A Xunta acudirá ao Supremo para defender a súa política eólica, tras a paralización de cinco parques

"Un de cada tres proxectos rexeitouse nas últimas autorizacións. Os técnicos da Xunta analizan todo moi ben", di Rueda.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/06/2023 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

A Xunta está moi disconforme cos argumentos empregados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para anular a tramitación dalgúns dos grandes parques eólicos que aprobou pola vía rápida, utilizando a coñecida xa como "Lei de depredación industrial de Galicia". Por iso, recorrerá ao Tribunal Supremo algunha destas anulacións.

Aeroxeradores no parque eólico de Serra do Larouco, a 31 de maio de 2023, en Esgos
Aeroxeradores no parque eólico de Serra do Larouco, a 31 de maio de 2023, en Esgos | Fonte: Agostime - Europa Press

A xustiza galega anulou xa cinco destes parques, o último o de Lagoa II, promovido pola empresa Engasa Lagoa nos municipios coruñeses de Zas e Santa Comba, ante a existencia de indicios dun posible dano ambiental a ecosistemas da zona. A decisión adoptada pola sección terceira da Sala do Contencioso Administrativo do alto tribunal galego, contra a que cabe recurso de reposición, estima a medida cautelar pedida pola asociación ecoloxista Petón do Lobo. Deste xeito, os maxistrados entenden que o proxecto de Engasa Lagoa provoca "como mínimo" unha "afectación ecosistémica" pola execución das obras no espazo natural debido aos movementos de terras ou a instalación das infraestruturas eólicas.

Pero os argumentos utilizados polo TSXG non son compartidos pola Xunta. O seu presidente, Alfonso Rueda, xa anunciou que irá ao Tribunal Supremo para reverter esta decisión. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, e preguntado polo cúmulo de decisións xudiciais en contra dos megapartes, defendeu os "criterios rigorosos" dos "técnicos" da Xunta na aprobación destes proxectos. 

"Un de cada tres proxectos rexeitouse nas últimas autorizacións. Os técnicos da Xunta analizan todo moi ben e, polo tanto, fan o correcto, presente quen presente", dixo. No caso do de Lago II, dixo que había unha declaración favorable e criticou que o TSXG só tivera en conta "os indicios da parte recorrente", neste caso Petón do Lobo. "Defenderemos desde un punto de vista xurídica a postura da Xunta que é moi rigorosa", dixo.

QUINTO PARQUE ANULADO

A Xustiza xa emitiu xa cinco sentenzas anulatorias contra a política eólica da Xunta. O de Laboa II é o quinto gran parque éolico anulado pola xustiza, tras as sentenzas en contra do proxecto eólico de Bustelo e as dúas sentenzas xa firmes do Tribunal Supremo que tumban o parque eólico Sasdónigas I e II de Mondoñedo, o proxecto eólico Serra do Oribio, nos concellos de Samos e Triacastela, e o proxecto Campelo, sen contar a anulación da repotenciación do P.E. Corme.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta