A CIG insta á Xunta a dar 22 semanas de permiso de maternidade ao outro proxenitor no emprego público

O TSXG emitiu unha sentenza que afirmaba que un artigo da lei de emprego público era contraria a unha directiva europea e á Constitución

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2023 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

A CIG insta á Xunta a reformar a lei galega de emprego público para estender ao outro proxenitor o permiso adicional de maternidade de seis semanas, co obxectivo de que sexan os dous pais os que conten cun total de 22 semanas.

Esta petición chega despois de que o pasado 6 de xuño o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditase unha sentenza, en resposta a un recurso promovido polo sindicato nacionalista, no que se recoñece a un traballador da Administración autonómica --concretamente, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar-- que conte con esas seis semanas adicionais que lle foron denegadas.

Neste fallo, a Sala do Social do alto tribunal galego afirmaba que o artigo 124.1 da lei de emprego público de Galicia é contrario a unha directiva europea do ano 2019 sobre conciliación, así como o artigo 14 da Constitución e a Lei Orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Tras esta sentenza, a CIG emitiu este mércores un comunicado no que reclama á Xunta que modifique a súa norma de emprego público para estender de 16 a 22 semanas o permiso para o proxenitor distinto da nai biolóxica.

Mentres non se faga efectivo este cambio legal, a CIG reclama que se emita unha instrución para recoñecer inmediatamente ese dereito a todos os traballadores públicos.

Maternidade, fillos e nacemento
Maternidade, fillos e nacemento | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta