A alcaldía da Coruña está no aire

Nin sequera o PP pactando con Ciudadanos, nin tampouco o PSOE pactando coa Marea Atlántica e o BNG terían opcións de gobernar na capital herculina con maioría absoluta, segundo unha enquisa universitaria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/04/2015 | Actualizada ás 23:12

Comparte esta noticia

A situación electoral na Coruña a piques de comezar a campaña non está aberta, está abertísima. Esta é unha das conclusións que se pode tirar das enquisas que ven publicando a Facultade de Socioloxía local.

Xulio Ferreiro será o candidato da Marea Atlántica
Xulio Ferreiro será o candidato da Marea Atlántica

O PP perdería catro dos seus catorce concelleiros, quedando en dez. Carlos Negreira estaría moi lonxe da maioría absoluta actual, situada en catorce representantes. Nin sequera nun hipotético pacto con Ciudadanos -que entraría con tres edís- podería sumar unha maioría estábel.

Se Negreira -condenado a pactar con alguén- non lograr cortexar con éxito a Ciudadanos, a pelota caerá na bancada do PSdeG e incluso da Marea Atlántica.

Mar Barcón, do PSdeG, podería sumar os seus seis edís (agora ten oito) aos cinco da Marea Atlántica -que apoian EU, Podemos e ANOVA entre outros- superando ao PP. Sumando ao BNG -que perdería a metade dos seus representantes até obter só dous concelleiros- un hipotético pacto de esquerdas superaría ao PP en solitario, e empataría coa suma dos conservadores co partido de Albert Rivera -impulsado pola recente crise de UPyD.

Esta última hipótese daría a chave a Unión Coruñesa, que podería obter un concelleiro. As 200 enquisas semanais que ven facendo Sociología durante as últimas dúas semanas danlle un 4%, moi preto do 5% necesario para entrar no Concello. O resultado está polo tanto no aleiro. Admítense apostas.

Mar Barcón
Mar Barcón | Fonte: parlamentodegalicia.es

Carlos Negreira
Carlos Negreira | Fonte: IG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Chindasvinto

Goberno PP con apoio de Ciudadanos ou tripartito con alcalde PSOE. Iso é o que che hai

4 Pastelao

As coisas estám assim: PP (13-14), PESOE (7), MAREA (4-5), CIUTADANS (2-1), BNG (1-0). Y lo sabes...

1 paco

Les coses estan així: PP (13-14), CIUTADANS (7), VOX (4-5), UPYD (2-1), FE JONS (1-0).

3 abofé

Non me creo esa enquisa, as cousas van estar así: PP: 9-10; Marea: 7-8; PSOE: 6-7; BNG: 4-5; C's: 1-0; Se Ciudadanos non sae (o máis probable), as outras forzas pelexaran polo último concelleiro.

2 mareya = triunfo da dereita

as mareyas son inventos que prentenden conducir o pobo galego o expañolismo mais ridiculo e *estupido de PODREIROS DE VALLECAS, vedes acaso o *imbecil e mediosocialdemocrata expañol (igualiño que o fillo de tal de FELIPE CORRUppCION DO CAMBIO O CAMBIAZO) facendo algo por Galiza, non eu non vexo a ningun deses cobardes que traizoaron a "jispanis revolutión" polo simple electoralismo da demodesgracia expañolenta, son todos unha banda - o de sevilla de hoxe como desmembramento da mareya foi moito, e si son capaces de semellante espectaculo, imaxinade nunha cidade pequena" como a courña, deixade de decir parvadas e de especulacións mareystas, votar -Vieiras e consolidar o PP no concello da Coruña - as declaracions de -vieiras danlle o poder o PP - https://www.youtube.com/watch?v=GgH...

1 Xanti

Seica se UC non volve chegar ao 5% necesario ise concelleiro iría pola Ley actual ao PP. A UC vai pactar co PP, ise está claro.