A Axencia Galega de Doazón de Sangue habilita aos doantes o acceso ás analíticas na plataforma do Sergas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2023 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) facilita o acceso á información dos doantes co cartafol 'Os meus informes Ados', aloxada na pestana 'A miña historia clínica' da plataforma do Servizo Galego de Saúde (Sergas) 'É-Saúde', onde os usuarios poden consultar as analíticas realizadas ás súas doazóns de sangue.

Tal e como informa este organismo, progresivamente, incorporarán outras funcionalidades "para mellorar a comunicación e información cos doantes" dentro do seu programa de "mellora constante" e co obxectivo de favorecer un intercambio de información "máis fluído".

Desde este mes de xullo, explica, a cidadanía pode visitar este novo cartafol e consultar "de forma máis accesible" os resultados das probas analíticas que se realizan ás doazóns e que tradicionalmente se envían por correo ordinario aos doantes.

Para acceder a 'É-Saúde', lembra ADOS, é necesario ter DNI electrónico, Chave365 ou Certificado Dixital; o seu acceso posibilítase tamén na aplicación 'Sergas móbil'.

Bus de ADOS en Stellantis Vigo.. ADOS
Bus de ADOS en Stellantis Vigo.. ADOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta