Galicia supera os valores normais de choiva no que vai de ano hidrolóxico

No conxunto do Estado hai un 17% de défitit de choivas.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 01/09/2023 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Galicia supera os niveis normais de precipitacións para esta época do ano, finais do mes de agosto, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). Pola contra, no conxunto do Estado, as precipitacións acumuladas no ano hidrolóxico, que comezou o 1 de outubro de 2022, sitúanse un 17 por cento por baixo do valor medio normal ata o 29 de agosto.

Así, nestes meses, a falta de practicamente un mes de que conclúa este ano hidrolóxico o 30 de setembro, recolleuse un valor medio de choivas de 493 litros por metro cadrado, un 17 por cento menos do valor normal que corresponde a este período, 593 litros por metro cadrado.

Por zonas, as cantidades acumuladas están por baixo do normal na maior parte do Estado, con moitas zonas da Península e os arquipélagos nas que non se chega ao 75 por cento do valor normal.

En concreto, o déficit de choivas supera o 25 por cento en puntos dos cuadrantes nordés e suroeste peninsulares, en zonas máis illadas de Asturias, Cantabria, País Vasco ou interior de Aragón, nalgúns puntos do leste de Conca e interior de Valencia e na maioría das illas Canarias, principalmente nas máis orientais, salvo na Palma e na metade sur de Tenerife.

Pola contra, superan os valores normais de choiva para este período en Galicia, na metade oeste de Castela e León xunto con Soria, na metade norte de Estremadura, en Almería, nunha área entre Alacante e Murcia e entre Madrid, Toledo e Conca, na mitadeste das illas de Mallorca e Menorca e na metade sur da illa de Tenerife.

Dúas persoas camiñan na Coruña con chuvia e vento durante o paso dunha borrasca
Dúas persoas camiñan na Coruña con chuvia e vento durante o paso dunha borrasca | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta