Manu, algunha enquisa que vín di que en Castela-A Mancha agora mesmo Barreda ampliaría a súa maioría.
Pero mira, xa que citas esa comunidade, na que o PSOE tamén leva tamén largo tempo gobernando e sobrepasando o 55% dos votos nalgunhas autonómicas; e sen embargo o PP gaña nas xerais (no 2000, por exemplo, gañou o PP ao PSOE por doce puntos nas xerais en Castela-A Mancha).
Se para ti unha autonomía largamente gobernada polos socialistas é unha autonomía cacicada, ¿que fan os caciques permitindo que o PP arrase nesa comunidade nas xerais?
E sí, hai moito novo neses sitios que ve que o PSOE leva demasiado tempo, pero non por iso votan ao PP. Que moito tén que mellorar o PP aínda.
¿Valcárcel é do mellor? Home, se tés inversións en Polaris World, pois sí.
Pero xa estamos vendo agora que a economía baseada na especulación inmobiliaria é un fracaso; e por algo o paro aogra mesmo aumenta máis no Levante i en Madrid.
De Valcárcel eu opino que vai voltar gañar as eleccións indudablemente, pero ao PP de Murcia vánlle dar unhas boas labazadas en certos municipios costeiros; agora que a construcción xa non tira, xa non hai onde enchufar. Ocorrerálles o mesmo, o mesmiño, que a Baltar en Ourense, fican sen recursos para facer das súas e polo tanto perden apoio.
Bule bule, non sabía que nun réxime de partido único os partidos da oposición teñan 53 escanos fronte a 56 do goberno, coma ocorre en Andalucía. Un goberno longo non sempre significa caciquismo, tamén o PSC leva moito tempo gobernando toda a área de Barcelona e ninguén con dous dedos de frente é quén de cuestionar a validez destas victorias. Máis ben, se hai algún caciquismo montado nos últimos trinta anos (o cal exclúe o caciquismo galego, que xa está montado dende o 36) é o do PNV no rural vasco, menos en Gipuzkoa onde Herri Batasuna e as súas fillas son as que pinchan e cortan nos pobos. Iso último é aínda máis terrible;