A Escola de Negocios Afundación gaña o Premio Cantábrico Excelente

O diario La Razón convoca este galardón, que será entregado o vindeiro 26 de xuño en Oviedo, ao centro de postgrado galego. pola súa calidade na formación

Por GC Emprende | Oviedo | 13/05/2015 | Actualizada ás 23:26

Comparte esta noticia

A Escuela de Negocios Afundación foi distinguida co Premio Cantábrico Excelente na categoría de Formación, pola calidade dos programas que imparte. O galardón, que convoca "El Suplemento"de La Razón, será entregado o vindeiro 26 de xuño nunha gala que se celebrará no Hotel Reconquista de Oviedo.  

Representantes da Escola de Negocios de Afundación
Representantes da Escola de Negocios de Afundación

Os Premios Cantábrico Excelente, que celebran a súa primeira edición, nacen co obxectivo de abrir un novo espazo de intercambio e coñecemento no que se reúnan profesionais, empresas e institucións de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, que destacaron polo seu labor en distintos ámbitos. 

A Escuela de Negocios Afundación, con máis de dous mil estudantes anuais nos seus programas de longa duración, xornadas e seminarios, é un centro dedicado á formación directiva con 27 anos de experiencia, no que xa estudaron más de 55.000 alumnos, que actualmente traballan en máis de 7,500 empresas de Galicia e o norte de Portugal.

Con clara vocación internacional, a escola desenvolve convenios de colaboración con universidades e escolas de negocios como a Dublin Business School, Georgetown University, Poznan University of Economics, Regents Business School de Londres, Haute École de Gestion de Ginebra, Beijing International Studies University (BISU) ou Memorial University of Newfoundland (Canadá), entre outras. 

O centro de formación directiva de Afundación foi distinguida en 2015 pola Asian Association of School of Business International como unha Great Business School with Significant National Influence, tras ser analizada xunto a outras mil escolas de negocios de todo o mundo. Ademais, é a primeira escola de negocios galega aceptada pola Fundación Carolina, un ente estatal que fomenta as relacións culturais e a cooperación, en materia educativa e científica, entre España e os países da Comunidad Iberoamericana de Naciones e na que só se encontran as universidades e escolas de negocios máis prestixiosas de España. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta