O foro 'Pensar o mundo dende Galicia' do CCG afondará nas crises alimentarias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2023 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega (CCG) regresa co ciclo 'Pensar o mundo dende Galicia', co que celebra o seu 40º aniversario, para profundar na situación climática actual, pondo o foco nas crises alimentarias e o cambio climático.

María Loureiro coordina esta sesión do foro titulada 'Límites planetarios. Unha ollada socioeconómica dende Galicia' e na que se analizará o impacto do cambio global na agricultura e nas posibles crises de alimentos.

Nela participan, entre outros expertos, José María Sumpsi, exdirector de Política Alimentaria da FAO, e Adrián Escudero, catedrático e divulgador da Universidade Rey Juan Carlos. Xosé Manoel Núñez Seixas, coordinador do Foro, e María Loureiro inauguran esta cita que se pode seguir en directo desde a web e as redes sociais do CCG.

Esta sesión divídese en dous partes. Na primeira, intervirán Sumpsi e Escudero, que abordarán o impacto do cambio global na agricultura e nas posibles crises de alimentos, así como na biodiversidade e nos ecosistemas a escala global.

Na segunda, que terá lugar pola tarde, profundarase nalgúns dos cambios fundamentais sufridos polos ecosistemas galegos, que condicionan a calidade ambiental de Galicia e "xeran múltiples consecuencias tanto para a sociedade como para a economía e a saúde da poboación".

Nela participan María Xosé Agra e Emilio Rafael Díaz Varela, da USC, Enrique Banet e Mabel Rivera da Fundación Galicia Verde.

María Loureiro García ingresa na Real Academia Galega das Ciencias
María Loureiro García ingresa na Real Academia Galega das Ciencias | Fonte: REAL ACADEMIA DE CIENCIAS DE GALICIA - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta