Un camión queda "atrapado" en Ferrol ao afundirse a calzada

O incidente produciuse sobre as 9,20 horas deste domingo en pleno barrio da Magdalena

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2023 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Un camión da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos en Ferrol, quedou "atrapado" sobre as 9,20 horas deste domingo, 24 de setembro, á altura do número 5 da rúa Sánchez Barcáiztegui, no barrio da Magdalena.

O vehículo pesado circulaba a esa hora polo viario, nas proximidades a cálea Igrexa, cando o condutor se decatou de que non podía avanzar tras sufrir un forte golpe e a parte traseira do camión enterrouse.

O incidente non supuxo ningún ferido e a rúa quedou entón cortada. Á zona desprazáronse de inmediato axentes da Policía Local de Ferrol que procederon a sinalizar un percorrido alternativo para os vehículos.

No mediodía deste domingo o camión xa foi retirado do lugar, pero a rúa continuará cortada, xa que agora será necesario estudar o motivo deste afundimento na calzada, que se estima que puido deberse a unha fuga de augas do sistema de saneamento.

Camión de Urbaser accidentado o centro de Ferrol.
Camión de Urbaser accidentado o centro de Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta