Caída histórica dos prezos industriais en Galicia en agosto, un 8,5%

A baixada do prezo da enerxía é do 11,3% no que vai de ano na comunidade.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 25/09/2023 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Os prezos industriais caeron un 8,5% en agosto en Galicia en comparación ao mesmo mes de 2022, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este luns.

A baixada é a segunda maior na serie histórica de Galicia, só superada polo -8,8% de abril de 2020, en pleno inicio da crise do coronavirus. Este decenso de agosto é inferior ao da media rexistrada en España durante o mesmo mes, no que se produciu un descenso interanual do 10%, a máis pronunciada desde o inicio da serie, en 1976, segundo informou este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Na media do que vai de ano, entre xaneiro e agosto, os prezos industriais reducíronse un 2,8%. De feito, acumulan seis meses consecutivos de retroceso, co último incremento interanual computado en febreiro.

O Índice de Prezos Industriais diminúe en Galicia en agosto debido á abrupta baixada da enerxía (-27,5%), que conta cunha diminución do 11,3% no oito primeiros meses do ano. Os bens intermedios son o outro apartado cuxos prezos tamén retroceden (-3,6% en agosto e -2,3% no que vai de ano).

CAÍDA POLA ENERXÍA

En clave estatal, co descenso interanual de agosto, a inflación do sector industrial encadea seis meses de taxas negativas despois de que en marzo puxese fin a un período de 26 meses consecutivos de incrementos, no que chegou a rexistrar taxas positivas de dous díxitos durante máis de 20 meses.

Un vixiante de seguridade na entrada da fábrica de Alcoa en San Cibrao
Un vixiante de seguridade na entrada da fábrica de Alcoa en San Cibrao | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta