Saqués, 1,6 millóns polo Lugo

O empresario lucense aboa os cartos polo 49% das accións en mans das administracións e convertese no máximo accionista do club. O 10 de xuño tomará posesión o novo consello de administración.

Por gcdeportes | Lugo | 20/05/2015 | Actualizada ás 09:09

Comparte esta noticia

O empresario lucense Tino Saqués pagou por fin este martes 1,6 millóns de euros para adquirir o paquete de accións en mans da Deputación e do Concello e converterse no novo dono do Club Deportivo Lugo. Saqués tiña xa un 8% do club, ao que agora suma o 49% en mans das administracións para converterse no dono e máximo accionista do club con máis do 57% das accións. As institucións adquiriran o 49% do CD Lugo para axudar ao club lucense na súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva.

Tino Saqués, novo dono do CD Lugo.
Tino Saqués, novo dono do CD Lugo.

A finais do pasado ano, o actual consello de administración pediu ás administracións que iniciasen o proceso de venda para dar entrada no accionariado do club a Gerard López, empresario luxemburgués con orixes en Riotorto. Pero no último día do concurso, Tino Saqués presentou unha mellor oferta. O 17 de abril, a xunta de goberno da Deputación de Lugo adxudicou as 150.000 accións á empresa Frisaqués SLU, propiedade do empresario lucense. Saqués tiña ata este mércores para facer efectivo o pago de 1.600.500 euros na tesouraría da Deputación.

Para completar o proceso de venda, resta un trámite administrativo: o Consello Superior de Deportes debe dar o visto bo ao traspaso das accións tras certificar que Tino Saqués non ten participación algunha noutro club da Liga de Fútbol Profesional. O Club Deportivo Lugo celebrará unha xunta xeral extraordinaria de accionistas o vindeiro 10 de xuño, na que se elexirá o novo Consello de Administración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta